Soexo prepárase para as Festas na honra á Virxe dos Milagros

A parroquia de Soexo, en Vilalba, celebrará os vindeiros 23 e 24 de maio as tradicionais Festas na honra á Virxe dos Milagros, cun completo programa de actividades que inclúe música, gastronomía e actos relixiosos.
O venres 23 de maio, a partir das 21:30 horas, terá lugar unha liscada gratis para todos os asistentes, seguida dunha verbena animada polo dúo La Hora Bruja, que promete facer bailar a veciñanza e visitantes ata altas horas da madrugada.
O sábado 24 de maio, os festexos comezarán cunha misa ás 13:30 horas, seguida da procesión e dunha sesión matinal coa orquestra Galaxia. Pola noite, celebrarase unha gran verbena coa actuación da propia orquestra Galaxia e do trío Blanca Doble.
As festas contarán cun campo cuberto con carpa para garantir o desfrute a pesar das posibles inclemencias meteorolóxicas.