Sofía e Mateo, os nomes máis escollidos en Galicia para os bebés nados en 2024

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
O Instituto Galego de Estatística fixo pública este venres a súa estatística anual
Nombres Bebe
21 Sep 2025

O Instituto Galego de Estatística fixo pública este venres a súa estatística anual sobre os nomes dos recentemente nados en Galicia, que revela que Sofía e Mateo foron os preferidos polas familias galegas no ano 2024.

Na listaxe de 50 nomes ordenados por frecuencia, Mateo encabeza a clasificación masculina, seguido de Martín, Leo, Hugo e Lucas. No apartado feminino, Sofía sitúase no primeiro posto, por diante de Vega, Noa, Martina e Olivia.

Os datos amosan tamén un cambio respecto a 2023. Naquel ano, Mateo xa lideraba a listaxe de nenos, seguido por Martín, Hugo, Leo e Enzo, mentres que Lucas aparecía no sexto lugar. Nas nenas, porén, Noa fora o nome máis habitual, ocupando Sofía a segunda posición, seguida de Olivia, Martina e Valeria.

⚙ Configurar cookies
0.095273017883301