Sofía e Mateo seguen a ser os nomes máis utilizados para os nenos que nacen en Galicia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O IGE publica a Estatística de nomes dos neonatos galegos que reflicte que Sofía e Mateo seguen a ser os máis frecuentes.
bebe axudas recien nacido
23 Oct 2022

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2021, que reflicte que Sofía e Mateo seguen a ser os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.

Os nomes de mulleres máis comúns son Sofía, Noa, Martina, Lara e Valeria, que continúan nas primeiras cinco posicións se se compara co 2020.

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco máis frecuentes son Mateo, Martín, Hugo, Leo e Lucas. A comparativa co ano 2020 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa diferencia de que Lucas estaba no terceiro lugar e no 2021 baixa ata o quinto posto, por detrás de Hugo e Leo, que ocupan o terceiro e cuarto posto respectivamente.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como en 2020, no caso dos nenos, todos os nomes se manteñen na lista, agás Iago, Anxo, Mario e Adrián que dan paso no 2021 a Roi, Bruno, Luca e Alejandro.

En canto ás nenas, no 2021 incorpóranse Emma e Lola e desaparecen do listado dos 20 primeiros Alma e Uxía.

Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación

O IGE tamén dispón da ‘Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación’ a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).

Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome. Pódese consultar no neste enlace.

nomes nados galicia

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17200112342834