Solo Voces ofrece un concerto solidario en Rábade este sábado

TerraChaXa
O vindeiro sábado, celebrarase un concerto de música coral, a cargo do Grupo Sólo Voces, para recadar fondos por Ucraína.
concerto solo voces ucrania rabade portada
6 Apr 2022

Este sábado, 9 de abril, ás 20.30 horas, terá lugar en Rábade un concerto de música coral, a cargo do Grupo Sólo Voces, coa finalidade de recadar fondos, para contribuir a paliar a crise humanitaria, provocada en Ucraína pola invasión rusa.

As entradas colaboración teñen un custo de 5 euros e poden ser adquiridas no Concello, así como en diferentes establecementos comerciais da vila, que colaboran neste evento; así mesmo existe unha fila 0 para colaboracións económicas que se queiran aportar, na conta que figura no cartel.

A totalidade da recadación será entregada a ACCEM, entidade que está a colaborar na xestión desta axuda humanitaria.

Neste evento colabora Solo Voces, a Asociación Águeda de Rábade, a Asociación de Hosteleiros de Rábade, a Asociación de Comerciantes de Rábade, a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial, Asociación Músico Crisanto, e o IES Río Miño.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18186712265015