Somos Unidos por el Cáncer recibe a doazón do recadado no Guitiriz Termal

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz fixo entrega á Asociación Somos unidos por el Cáncer do recadado na segunda edición da Guitiriz Termal.
somos unidos cancer guitiriz termal
20 Maio 2021

O Concello de Guitiriz fixo entrega á Asociación Somos unidos por el Cáncer dun cheque por valor de 2.292 euros recadados a través da segunda edición da carreira virtual Guitiriz Termal e as doazóns de colexios e institutos do municipio.

O Concello recadou o pasado mes de un total de 1.367 euros na segunda edición da carreira virtual Guitiriz Termal. Agora, a esa cifra sumouse as doazóns de colexios e institutos do municipio ata acadar o total de 2.292 euros donados a Somos unidos por el Cáncer, unha asociación fundada por un grupo de nais e pais con fillos (nenos e adolescentes) enfermos de cáncer e que traballa para axudalos a eles e á súa contorna.

0.18857192993164