Sonia Gavino súmase á lista do PSdeG en Lourenzá

TerraChaXa | AMariñaXa
22 Abr 2019

A Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, informou este mércores que a candidatura dos socialistas para as próximas eleccións municipais incorpora unha cara nova, Sonia Gavino Reigosa. “Trátase dunha rapaza nova que aporta aire fresco e renovación ao partido e un exemplo da xuventude e do futuro da agrupación socialista”.

A rexedora socialista explicou que “esta Educadora Social e Técnico en Actividades Deportivas, natural da parroquia de San Adriano, é unha persoa moi coñecida na vila posto que colaborou en varias ocasións na organización das festas municipais. Próxima á xuventude, é unha muller seria e responsable, cunha gran capacidade de traballo e que estou convencida que nos vai aportar moita forza para volver a gañar a alcaldía de Lourenzá”.

Sonia Gavino destacou que afronta con moitas ganas e ilusión esta nova etapa, “co compromiso de traballar para os meus veciños, engadindo novas ideas ao proxecto social da Alcaldesa e desenvolver iniciativas que redunden na mellora da calidade de vida da cidadanía”.

0.44049286842346