Sons e Soños actúa o sábado en Vilalba

TerraChaXa
A Banda Sons e Soños ofrecerá o concerto Diálogos Musicais, encadrado no Ciclo de actividades culturais do Xacobeo'21 no Auditorio de Vilalba.
sons e sonos concerto vilalba portada
5 Ago 2021

A Banda Sons e Soños, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Vilalba e co patrocinio da Xunta de Galicia, ofrecerá o concerto Diálogos Musicais, encadrado no Ciclo de actividades culturais do Xacobeo'21 no Auditorio de Vilalba.

O concerto terá lugar o sábado 7 ás 12.00 horas, e as entradas poden reservarse collerse na casa da cultura ou na web  https://entradasvilalba.es/.../banda-sons-e-sonos...

O concerto contará con artistas e solistas convidados como: Miguel Ángel Franqueiro (tuba), Iria de Cabo (Guitarra eléctrica), Carlos Andrés Martínez (baixo electrico), Miguel Godoy (voz), Carlos Cereijo (voz) e Óscar Carballo (gaita). Tamén estarán os directores convidados Rubén Martínez (Castellón) e Ance Laganovska (Letonia).

sons e sonos concerto vilalba
0.062609910964966