Sons e Soños continúa cos seus concertos en Friol
TerraChaXa
A Asociación Músico Crisanto continúa co seu programa Músicas para O Xacobeo, cun concerto da súa banda de música Sons e Soños.
21 Xul 2021
A Asociación Músico Crisanto continúa co seu programa Músicas para O Xacobeo, cun concerto da súa banda de música Sons e Soños, que se realizará o sábado día 31 de xullo, na praza Andón Cebreiro de Friol, ás 20.00 horas.
Neste concerto participa tamén a Asociación Galega de Custodia do Territorio xa que está dedicada esta sesión á Conservación do Patrimonio Natural Galego.
A iniciativa está financiada polo proxecto O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.