'Sons e Soños' de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei organizan un concerto
TerraChaXa | LugoXa
As Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei organizan para o sábado 21 de marzo o Concerto de Primavera.
10 Mar 2020
As Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei organizan para o sábado 21 de marzo o Concerto de Primavera.
Esta xornada musical será ás 18.00 horas en Rábade na praza, sempre e cando o tempo acompañe, senón trasladaranse ao Centro Sociocultural.
A actuación estará a cargo da Banda de música Sons e Soños de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei.