Sotavento inicia de novo a súa actividade divulgativa hoxe
A crisis sanitaria e o confinamento obrigatorio, supuxo unha reorientación das actividades do parque. A ausencia temporal de visitantes obrigou a derivar as actividades educativas e divulgativas ás redes sociais. Deste modo, continuamos dando a coñecer as enerxías renovables e as potencialidades do aforro e eficiencia enerxéticas telemáticamente.
Como funciona, sabías que, ou eficonsellos foron algúns dos contidos diarios empregados para conseguir estes obxectivos.
Por outra banda, realizáronse propostas máis lúdicas como obradoiros, xogos, scape room educativas e pasatempos relacionados sempre coa temática Sotavento, dirixidas a sobrelevar o confinamento.
Especial interese espertaron os retos presentados aos nosos seguidores cun alcance na rede de máis de 8.000 persoas. Salientable tamén foi o inicio dunha enquisa a nivel estatal para avaliar o coñecemento e valoración social das enerxías renovables e do cambio climático posta en funcionamento neste período.
A estratexia de volta á normalidade foi outro dos aspectos nos que se traballou neste período. Sotavento é un centro situado nun lugar natural privilexiado, con espazos abertos que garanten o distanciamento social e un equipo de educadores con ampla experiencia capaces de adaptarse a calquera realidade. Estas características posibilitan unha continuación segura das actividades.
A propia crise sanitaria e as posibles relacións entre a actividade humana no medio e o avance da pandemia, volve a poñer de manifesto a importancia do enfoque sostible que debe presidir a nova realidade.A enerxía é unha das necesidades básicas do ser humano e, ao mesmo tempo, constitúe unha das principais causas de destrución do medio ambiente polo que o seu uso eficaz é de vital importancia para o futuro.
Avalado pola Unesco, Sotavento é un lugar ideal para aportar estratexias encamiñadas a acadar eses obxectivos.
As actividades potenciarán máis as zonas exteriores e
permitirán:
- Visitar unha mámoa reconstruída das 13 que se atoparon na construción do parque e coñecer as partes e formas de construción
- Recorrer a ruta do vento e descifrar o segredo de O Quixote no entorno natural presidido polo inicio das Fragas do Eume
- Recorrer o “museo das pedras”: mostra das rochas máis representativas dos chans galegos.
- Visitar as exposicións permanentes sobre a apaixónate historia dos papaventos (cometas) e facer un recorrido dende os primeiros muíños ata os modernos aeroxeradores.
- Achegarte á base dun aeroxerador e descubrir o seu interior.
- Degustar un chocolate nunha cociña que funciona exclusivamente co sol.
- Comprobar as posibilidades de distintos vehículos eléctricos
E ademais nos 1.500 m2 interiores:
- Observar o funcionamento das enerxías renovables mediante maquetas, paneis e instalacións reais nun edificio de máis de 1500m2 que simula as tres pas dun aeroxerador.
- Descubrir o taller da enerxía onde atoparemos instalacións enerxéticas antigas e modernas, incluíndo varios aeroxeradores reais (entre os que destaca o primeiro conectado á rede en España)
- Recorrer unha vivenda bioclimática intelixente de 300 m2, pasear polas súas estancias comprobando o seu funcionamento e descubrindo distintos sistemas de calefacción, de xeración eléctrica, de xestión da auga, consumos de electrodomésticos, comparativas e moito máis.
Xestión de visitas:
As Visitas guiadas xestionaranse a través do número de teléfono 981563777 ou a través do WhatsApp do teléfono: 652 80 81 73
En todo momento, a actividade divulgativa do Parque buscará manter a esencia que o caracteriza sen descoidar a saúde dos asistentes. Estaremos encantados de solucionar calquera dúbida sobre xestión e organización a través do teléfono 652 80 81 73.
Impacto do COVID nas actividades de Sotavento no primeiro cuadrimestre:
- O impacto, neste primeiro cuadrimestre do ano foi relativo, grazas ao excepcional arranque do ano realizado.
- O récord de visitantes do primeiro trimestre, (o mellor resultado dos últimos 7 anos con 88 visitas en apenas 55 días laborables) amorteceu as anulacións pola pandemia elevando a máis de 3.500 persoas a cifra de visitantes.
- Deste xeito conseguiuse, neste primeiro cuadrimestre de 2020, unha media de 22 visitas por mes, cifra de visitas similar ao mesmo período de anos anteriores.