Sotavento inicia o curso concedendo o premio da proba de orientación do verán

TerraChaXa
Para xestionar unha visita pódese contactar a través do teléfono 981 563 777
inicio-curso-sotavento
27 sep 2024

Sotavento inicia o programa de actividades de educación enerxética que se leva a cabo nunhas instalacións dende o 2001. O luns 23 de setembro, abriuse o prazo para xestionar as visitas escolares para este curso académico e, como ben sendo habitual, está a ter unha grande demanda dende a comunidade educativa e o público en xeral.

Este ano desenvolveranse de novo actividades fóra do propio parque experimental destacando as patrocinadas pola empresa Norvento Enerxía en distintos centros educativos dos concellos de Lugo, Abadín, Barro, Moraña ou Zas.

Sotavento conta cun programa de actividades de educación enerxética que se leva a cabo nunhas instalacións de máis de 1000 m2, entre as que destaca unha vivenda bioclimática real. A eficiencia enerxética e as súas repercusións ambientais e económicas no uso de diferentes fontes de enerxía, son aspectos fundamentais sobre os que xira o plan educativo.

Para xestionar unha visita pódese contactar a través do teléfono 981 563 777.

PREMIO ORIENTACIÓN

Este xoves 26 de setembro, Sotavento fixo o sorteo público da estación meteorolóxica sen fíos entre todas as persoas que participaron na proba de orientación proposta nos meses de verán. A actividade consistiu en atopar as balizas marcadas no mapa e anotar o número de control que existe en cada una delas. Unha vez rematado o circuíto e enviados todos os códigos correctamente a Sotavento, participábase no sorteo.

A proposta tivo grande aceptación dado que podía realizarse a proba calquera hora ou día ao estar dispoñible a súa descarga no exterior do parque. O agasallo foi para a Coruña e na actividade participaron máis de vinte persoas de distintas zonas de Galicia.

Destacar que este Circuíto Permanente de Orientación Sotavento continuará dispoñible durante todo o ano, formando parte da ampla oferta de actividades propostas dende o propio parque.

Sotavento conta cun programa de actividades de educación enerxética que se leva a cabo nunhas instalacións de máis de 1000 m2, entre as que destaca unha vivenda bioclimática real. A eficiencia enerxética e as súas repercusións ambientais e económicas no uso de diferentes fontes de enerxía, son aspectos fundamentais sobre os que xira o plan educativo.

Para xestionar unha visita pódese contactar a través do teléfono 981 563 777.

0.10831689834595