Sotavento pecha o ano con 3.518 visitantes

TerraChaXa
Sotavento finaliza un novo ano de actividades de educación enerxética cun total de 3.518 participantes, inferior aos últimos anos.
aactiviade sotavento
11 Feb 2021

Sotavento finaliza un novo ano de actividades de educación enerxética cun total de 3.518 participantes, unha cifra inferior aos últimos anos pero valoran moi positivamente dada a situación causada pola crise sanitaria do covid-19.
"O impacto na redución no número de visitantes foi menor do que cabería esperar debido ao excepcional arranque do ano. No primeiro trimestre de 2020, as nosas instalacións alcanzaron os mellores resultados de visitas para o mesmo período dos últimos 7 anos, recibindo un total de 88 grupos en apenas 55 días laborables. Esta cifra permitiu amortizar a caída de visitantes causada pola pandemia e fíxonos pechar o ano cun total de 216 visitas e 3.518 participantes", din.
Os datos significativos acadados en 2020:

  • 216 visitas e 3.518 visitantes.
  • 18 visitas de media ao mes.
  • 293 persoas de media ao mes e 14 persoas de media ao día.
  • 93% das visitas procedentes de Galicia e 7% doutros puntos de España.
  • 50% dos grupos de carácter técnico.
  • 63% dos grupos repetían a visita.
  • A duración media da visita foi entre 2 e 4 horas.

Para este novo ano, en Sotavento están a preparar un programa de actividades en liña, que xa se está levando a cabo en fase de probas e que pode solicitarse por teléfono ou whatsapp no 652 80 81 73.
En canto a proxectos, ultímase a posta en marcha dun proxecto demostrativo centrado no chan radiante. Trátase dun sistema que integra datos relativos á predición meteorolóxica, xunto con datos históricos e de ocupación da vivenda e, tendo en conta ademais, as inercias térmicas do chan radiante. Deste xeito, un algoritmo determina con que antelación acender ou apagar este sistema de calefacción para manter a casa nas mellores condicións térmicas de habitabilidade. O obxectivo último é coñecer a viabilidade deste tipo de sistemas e se realmente supoñen un aforro significativo para os usuarios. Tamén se trata de coñecer se contribúen a elevar o confort das edificacións dotadas con chan radiante.
Como tantas outras instalacións e colectivos, a pandemia obrigou en Sotavento a adaptar os espazos e as actividades ás diferentes medidas propostas por Sanidade, e adaptalas constantemente ás recomendacións esixidas en cada momento. Por tanto, as instalacións están adaptadas para cumprir todas as esixencias sanitarias, priorizando ademais o uso de espazos exteriores e abertos para levar a cabo a actividade divulgativa da forma máis segura posible.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17683482170105