Sotevento recibiu a visita de 1.500 persoas en abril
Un millar e medio de persoas achegáronse durante o mes de abril ás instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento, situado na Serra da Loba, entre os concellos de Xermade e Monfero.
Entre as visitas destaca a participación de grupos internacionais procedentes de distintos países como Italia, Rumanía, Turquía, Macedonia Reino Unido e Francia.
Por outra banda, Sotavento segue a ser un referente no eido educativo para distintas carreiras universitarias. Neste período destaca a participación de máis dun centenar de alumnos e alumnas de Educación Social e Pedagoxía.
No apartado de colaboracións, Sotavento acolleu nas súas instalacións a celebración dunha xornada coorganizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria.
Os colectivos técnicos xa son habituais entre os visitantes a Sotavento, que durante o ano 2017 superaron o 30% das visitas e dende o comezo do Plan Educativo-Divulgativo e o mes de abril.
Para visitar as instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento é necesario concertar previamente a cita a través do teléfono 981 563 777. Para máis información www.sotaventogalicia.com.