Substitúen en Abadín 46 puntos de luz do núcleo urbano

O Concello de Abadín iniciou as obras de mellora da eficiencia enerxética na iluminación pública do núcleo urbano. A actuación consiste na substitución dos cabezais de iluminación en 46 puntos de luz, co obxectivo de modernizar a rede e reducir o consumo enerxético municipal.
A intervención permitirá renovar as actuais lámpadas por outras con tecnoloxía LED, que ofrecen un menor consumo eléctrico, maior rendemento e unha mellor calidade lumínica. Ademais, contribuirá á redución das emisións de CO₂, avanzando cara a un modelo de iluminación máis sostible e respectuoso co medio ambiente.
Con esta iniciativa, o Concello de Abadín dá un novo paso no seu compromiso coa eficiencia enerxética e coa mellora dos servizos públicos, impulsando un modelo de desenvolvemento local baseado na sustentabilidade e na responsabilidade ambiental.