Supervisan as obras de reafirmado en estradas autonómicas ao seu paso polas Pontes

TerraChaXa
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou os traballos que se están a realizar na AC-564
martina-obras-estradas-xunta-as-pontes
27 sep 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, comprobou esta mañá o desenvolvemento dos traballos de mellora do firme na estrada autonómica AC-564 que a Consellería de Vivenda e Planificación de infraestruturas está a executar en dous tramos ao seu paso polos municipios da Capela e As Pontes.

A actuación, que se está a desenvolver entre os puntos quilométricos 16+450 e 26+150, forman parte dun contrato de acondicionamento no que tamén se inclúen as estradas AC-566, entre Valdoviño e Cedeira, e AC-110 no seu percorrido entre Cerdido, Moeche e As Somozas. O orzamento conxunto do mesmo ascende a 1,5 millóns de euros.

As obras van orientadas á rehabilitación do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodadura, coa finalidade de mellorar as condicións de circulación e a seguridade viaria nestas tres estradas. En función da necesidade de cada actuación e se estas se producen en tramos nos que se detecta un maior número de accesos a vivenda, aparcamentos ou bordos nos que a rasante da estrada se atrope elevada por anteriores actuacións, executaranse fresados de maior calado.

As actuacións completaranse co pintado da sinalización horizontal nos treitos de actuación de todos as estradas e os tramos de barreira de seguridade que sexa preciso. Ademais procederase ao repintado en ambas sentidos das estradas AC-110, entre os puntos quilométricos 10+750 e 10+900 e 18+320 e 18+420, e na AC-566, entre os puntos 2+220+2+750.

“Con estes traballos que estarán concluídos este mesmo ano, o Goberno galego continúa a traballar no mantemento das vías de titularidade autonómica co fin de mantelas nas mellores condicións, garantindo a seguridade dos usuarios e grazas a un investimento global de 53 millóns de euros”, remarcou a delegada territorial.

0.1919538974762