Supervisan as obras do centro de saúde de Friol

TerraChaXa | LugoXa
O orzamento executado foi de mais de 48.
17 Xan 2023

O orzamento executado foi de mais de 48.000 euros e foi froito dun convenio entre Xunta e Goberno local ao tratarse dun edificio de titularidade municipal.

O delegado territorial de la Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, acompañados polo alcalde de Friol, José Ángel Santos Sánchez, visitaron as obras de reforma do centro de saúde de Friol

O orzamento executado foi de mais de 48.000 euros e foi froito dun convenio entre Xunta e Goberno local ao tratarse dun edificio de titularidade municipal. Pola súa parte, o Concello foi encargado de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras coa redacción do documento técnico necesario para a execución das obras, licitación e execución das mesmas.

As obras consistiron na substitución de carpinterías exteriores, no aumento da superficie da sala de espera de pediatría, reparación de revestimentos vinílicos por problemas de condensación e revestimento de pintura nas zonas nas que está deteriorado.

Colaboración cos concellos

Nesta lexislatura, o goberno galego asinou máis de 25 convenios para achegar máis de 832.000 euros a reformas de centros de saúde dos que tamén sufraga os custos ordinarios de mantemento.

Así, desde o 2017, a distribución que a Xunta fai do Fondo Adicional do Fondo de Cooperación Local inclúe a previsión de compensar os custos de mantemento dos centros de saúde de titularidade municipal.

No orzamento para o 2023 a Xunta reforzou unha vez máis o seu apoio a estas entidades locais e incrementou ata os 2,6 millóns de euros a partida –un 8%-. En particular, o Concello de Friol recibiu no 2022 a cantidade de 6.814,75 euros para financiar o mantemento desta instalación sanitaria.

Con isto, a Xunta de Galicia ten destinado desde 2017 máis de 15 millóns de euros a financiar os gastos de funcionamento de 156 centros de saúde de titularidade municipal.

0.19068598747253