Susana Ferreiro presenta en Begonte a lista socialista ás municipais
A actual voceira do PSdeG en Begonte, Susana Ferreiro Vázquez, é a candidata dos socialistas ás eleccións municipais e xa deu a coñecer o nome dos compañeiros e compañeiras para as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.
"Os socialistas queremos recuperar servizos para que Begonte recupere o seu futuro. E querémolo facer escoitando a todos: ós pais que reclaman a súa escola; ós maiores que precisan máis atención pública; ós doentes que queren ser atendidos no concello; ós veciños e empresarios que piden transparencia na xestión dos fondos públicos", dixo.
"Neste mandato Begonte foi noticia en toda España polo peche inxustificado e caprichoso dun colexio público. Eu quero que no futuro xeremos noticias positivas" recalca Susana.
"Para rachar con esta situación e deseñar un futuro de progreso e benestar para Begonte, os socialistas presentámonos cun programa ilusionante. Elaborado logo de escoitar as demandas de veciños, colectivos sociais e asociacións. Un programa racional, de medidas concretas, pensadas para Begonte e os seus veciños, que imos levar adiante con transparencia e que se presentará nos vindeiros días", engade.
CANDIDATURA
1. Susana Ferreiro Vázquez
2. Hugo Parapar Sanjurjo
3. María Regueiro López
4. Serafín Otero Paredes
5. Hugo Pereira Díaz
6. Jesús Quijada Cruz
7. María Pilar Agrasar Díaz
8. Aquilino Sánchez Rivas
9. María Teresa Ares Ares
10. Juan Manuel Gómez Domínguez
11. Rafael Vizcaíno Cereijo
Suplentes
1. Lucía Díaz Gayoso
2. José Rábade Suárez