Suspenden a celebración das festas patronais en Damil

TerraChaXa
A comisión de festas de Damil, en Begonte, anunciou o aprazamento das patronais na honra de San Salvador de este ano a causa da situación sanitaria causada polo covid-19.
17 Xul 2020

A comisión de festas de Damil, en Begonte, anunciou o aprazamento das patronais na honra de San Salvador de este ano a causa da situación sanitaria causada polo covid-19.

"Cremos que nesta situación excepcional que nos tocou vivir debemos antepoñer a saúde de todos e todas e queremos mandar tamén moita forza a todos que seguro sairemos desta e volveremos desfrutar todos xuntos", explican nun comunicado.

Aseguran os ramistas que o ano que vén continuarán coa organización das festas, "que son as máis bonitas e animadas da zona".

0.12358713150024