Suspenden as Xornadas de montaña do Xistral polo brote da Mariña

TerraChaXa
O Concello de Muras e Marmar Outdoor, organizadores das I Xornadas de montaña e aventura no Xistral acordaron a suspensión temporal do evento, previsto para a fin de semana do 18 e 19 de xullo, debido á crise sanitaria que vive a Mariña.
Captura de pantalla 2020 06 26 a las 12.22.30
10 Xul 2020

O Concello de Muras e Marmar Outdoor, organizadores das I Xornadas de montaña e aventura no Xistral acordaron a suspensión temporal do evento, previsto para a fin de semana do 18 e 19 de xullo, debido á crise sanitaria que vive a Mariña.

A organización cre que "agora mesmo e malia todas as medidas tomadas para estas xornadas, sería un risco innecesario levalas a cabo tal e como está a situación de rebrote".

Sobre posibles datas futuras, afirman que "non queremos facer conxeturas, e preferimos agardar ata que a situación de normalidade volva e se faga estable durante un tempo".

Ademais, o Concello de Muras, tamén debido ao brote detectado nas últimas semanas, decidiu suspender todas as actividades que se levan a cabo no termo municipal, así como manter pechadas as instalacións públicas.

 

105488510_2689171264653470_5319450146243993075_o
0.14470291137695