Suspéndese a carreira popular de Friol

TerraChaXa
Á vista da evolución dos acontecementos en relación coa crise do coronavirus, e despois de manter unha reunión con representantes do Club Atletismo Concello de Friol decidiuse por unanimidade a suspensión da Carreira Popular de Friol.
1
17 Mar 2020

"Unha vez estudado o Decreto de Estado de Alarma, seguindo as recomendacións que no mesmo solicítannos e tendo en conta que nun evento deportivo como o que nos ocupa, poden coincidir máis de cincocentos participantes, nun contacto moi directo, desexando que para entón xa non estea activado dito Decreto, iso significaría que xa estariamos a saír desta pandemia, pero aínda así non sería prudente nin responsable permitir a súa celebración", explica o alcalde da vila, José Ángel Santos.

"Estudáronse todas as posibilidades como tamén as súas consecuencias, a primeira e máis importante, a saúde da poboación e as recomendacións dos expertos para preservar a mesma", conclúe.

0.19502592086792