Suspendida a carreira do San Ramón de mañá polo falecemento dun organizador

TerraChaXa
A proba, un dos eventos deportivos máis agardados das festas, será posposta para unha nova data que se anunciará proximamente
carrera-nocturan-san-ramon
5 Sep 2025

O Concello de Vilalba anunciou a suspensión da VII Carreira Nocturna de San Ramón, que estaba prevista para este sábado 6 de setembro. A decisión tomouse tras coñecerse o falecemento de Miguel García, socio e colaborador do Club de Tríatlon de Vilalba, entidade que organiza a proba xunto co Club de Atletismo de Vilalba.

Desde o Concello e os clubs organizadores trasladaron as súas condolencias e o seu máis sincero apoio á familia, amizades e compañeiros do finado neste momento tan difícil.

A carreira, un dos eventos deportivos máis agardados das festas de San Ramón, será posposta para unha nova data que se anunciará proximamente. As institucións agradeceron a comprensión da cidadanía e das persoas inscritas ante esta situación excepcional.

⚙ Configurar cookies
0.15822911262512