Suspendida a Feira de artesanía de Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei acordou por segundo ano consecutivo a suspensión da Feira da Artesanía de Outeiro de Rei
feira da artesania outeiro de rei
19 Maio 2021

O Concello de Outeiro de Rei acordou por segundo ano consecutivo  a suspensión da Feira da Artesanía de Outeiro de Rei prevista para o primeiro sábado do mes de xullo.

Aínda que situación actual,  derivada da crise sanitaria ocasionada pola covid-19, é bastante mellor que a do ano pasado por estas datas, a incerteza que aínda  acompaña a evolución da pandemia, unido á necesidade de tomar unha decisión cunha certa antelación tratando de evitar maiores prexuízos  a expositores e empresas subministradoras dos servizos que require este evento, determinaron non alargar máis a toma desta decisión por parte do goberno municipal. 

Evidentemente, non  é unha decisión  fácil a cancelación deste popular evento que normalmente atrae a preto de cen expositores e numeroso público a esta localidade, anulación  que seguramente  supón un esforzo para as  persoas que virían a gozar da feira pero seguramente moito máis,  para aquelas outras que  virían a traballar na mesma; tamén para o propio Concello de Outeiro de Rei que espera que a feira teña continuidade o próximo ano.

0.11645913124084