Suspendida a Festa da Torta do Millo de Guitiriz

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz acordou suspender a Festa da Torta do Millo 2020, que este ano cambiara de data e estaba previsto que se celebrase o sábado 30 de maio.
Captura de pantalla 2020 04 30 a las 13.13.43
30 Abr 2020

O Concello de Guitiriz acordou suspender a Festa da Torta do Millo 2020, que este ano cambiara de data e estaba previsto que se celebrase o sábado 30 de maio. A decisión tómase despois de ver o avance do Estado de Alarma e de coñecer como son as previsións para a desescalada.

Esta edición da Festa da Torta do Millo, na que ademais do cambio de data de celebración se ían a presentar varias novidades, queda así adiada ao ano 2021. O goberno local anunciou tamén que as candidaturas do concurso para seleccionar o cartel oficial do evento mantéñense para o próximo ano xa que o xurado aínda non tomara unha decisión.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explicou que “a pesar de que a finais de maio está previsto que, se todos os parámetros se cumpren, entremos na fase final da desescalada, pensamos que non ten sentido celebrar a festa con tantas limitacións e con claro risco para a saúde dos asistentes”.

0.064810037612915