Suspendida a ruta prevista para este domingo polo río Requeixo polas previsión meteorolóxicas

O Concello de Guitiriz decidiu suspender a primeira andaina deste ano 2026 prevista para este domingo, 25 de xaneiro, na Ruta polo río Requeixo. Esta decisión tomouse en función das previsións meteorolóxicas para a fin de semana.
A intención era comezar as habituais rutas organizadas polas Escolas Deportivas Municipais en colaboración co Concello. A saída cara a andaina estaba fixada para ás 10:00 horas desde a ponte de Roca e o lugar de chegada era o Merendeiro dos Vilares ao redor das 14 horas.
Os participantes ían realizar un percorrido duns 12 quilómetros aproximadamente, de dificultade baixa.