Suspendidas as Xornadas Interxeneracionais Rurais de Cabreiros
O Concello de Xermade, a Asociación veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago comunicaron que este ano non se celebrarán as Xornadas Interxeracionais Rurais, que correspondía á edición número XVI debido á situación de alerta sanitaria.
Aseguran os organizadores que "nestes momentos tan excepcionais, o primordial para nós é o compromiso coa saúde e seguridade das persoas, tanto do noso concellos, como das que no nos visitan cada ano, polo que tomamos esta decisión para vitar posibles riscos", explican.
Esta edición estaba prevista novamente para os últimos días deste mes e principios de xuño na Casa Escola do Chao en Cabreiros pero a edición correspondente a este ano deixarase para o seguinte.
Con todo, a organización ten previsto nun futuro a celebración dalgún dos eventos que estarían presentes nas xornadas, como a entrega do VI PRemio Xermade na Historia, que este ano correspondeu a Rafael Quintía Pereira polo seu traballo A aboreada das Mázcaras.