Suspendido o campamento Concilia Xermade
O concello de Xermade decidiu finalmente suspender a celebración do campamento de verán Xermade Concilia, unha cita que tiña como obxectivo facilitar o acceso das nenas e nenos do termo municipal a un tempo e espacio de ocio e diversión. O fin é poder axudar ás familias a conciliar a súa vida familiar e laboral neste período estival. A razón da súa suspensión foi non acadar o número de nenos mínimo para organizalo.
O campamento tiña previsto facerse desde o luns 27 de xullo ata o venres 14 de agosto, en horario de mañá e con servizo de madrugadores. O prazo de inscrición rematou esta semana.
As inscripcións faranse no Rexistro do concello (planta baixa), por estricto orde de inscrición. O número de prazas é de 50.
O campemento estaba subvencionado pola UE e a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade.