Suspendido o duelo amigable do Vilalbés co Deportivo

TerraChaXa
O amigable que ía enfrontar esta tarde ao Deportivo e ao Racing Villalbés na Magdalena “foi suspendido ata novo aviso”.
partido suspendido depor vilalbes
24 Xul 2021

O amigable que ía enfrontar esta tarde ao Deportivo e ao Racing Villalbés na Magdalena “foi suspendido ata novo aviso”, segundo informou o club coruñés.

O motivo deste aprazamento é un positivo de covid-19 no persoal coruñés”, argumentou o Dépor. “Os servizos médicos do club non queren correr riscos ante o que supoñería unha viaxe de ida e volta en autocar ata Vilalba e un partido”, engadiu o club coruñés.

Todos os que compraron as entradas anticipadas teñen a opción de agardar ata que se produza o encontro ou pasar polo estadio Roca, a partir do martes 27, en horario de 11 a 13 horas, para recibir a devolución do importe.

partido suspendido deportivo vilalbes
0.058206796646118