Suspendido o pleno de Abadín por unha dura controversia co PSOE

TerraChaXa
O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, suspendeu a última sesión plenaria tras unha agria discusión co PSOE pola situación dunha veciña de Abeledo con problemas de mobilidade e as obras realizadas na vía impídenselle acceder e saír da casa sen axuda.
67667461_2443840032347683_4475702839825399808_n
2 Ago 2019

O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, suspendeu a última sesión plenaria tras unha agria discusión co PSOE pola situación dunha veciña de Abeledo con problemas de mobilidade e as obras realizadas na vía impídenselle acceder e saír da casa sen axuda.

O pleno incluía a moción dos socialistas na que se instaba ao Concello a que acometese os traballos necesarios para o acceso á vivenda de Pilar Fernández, que estivo no propio pleno xunto a representantes do Sindicato Labrego Galego e do Movemento Feminista da Terra Chá.

A discusión comezou no momento no que o PSOE defendeu a súa moción e lle reclamou ao alcalde unha actuación inmediata tras os múltiples requerimentos da Valedoura e doutras institucións.

Rancaño, que asegurou que nada do defendido era certo acabou reclamando un receso de 30 minutos, tralo que veu a suspesión do mesmo pola controversia e a polémica e o ton das partes.

Ao finalizar, o alcalde comprometeuse con Pilar a buscar unha solución.

0.19332003593445