Tareixa Roca presenta este venres en Guitiriz o seu novo libro de relatos
TerraChaXa
A presentación será ás 20:00 horas na Escola Habanera

8 Aug 2025
Este venres 8 de agosto, ás 20.00 horas, a Escola Habanera de Guitiriz acollerá a presentación do libro de relatos ‘Tempo de amoras’, da escritora Tareixa Roca.
No acto estará presente a autora, que estará acompañada polo escritor e presidente da Asociación Cultural Xermolos, Alfonso Blanco, o tamén escritor e filósofo, Luís G. Soto e Miguel Anxo Fernán, director de Edicións Espiral Maior.