Teatro, circo e varios obradoiros para o Nadal ribadense

TerraChaXa | AMariñaXa
Teatro, circo e varios obradoiros para o Nadal ribadense. O prazo de inscrición estará aberto do 9 ao 18 de decembro.
terracha_R_750x120_w
4 Dec 2020

A Concellaría de Mocidade de Ribadeo organiza unha serie de actividades de Nadal dirixidas ás nenas e aos nenos de Ribadeo. Haberá teatro, circo e varios obradoiros en colaboración cos centros de ocio infantil. O prazo de inscrición estará aberto do 9 ao 18 de decembro.

A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo que “nos atopamos preto das vacacións dun Nadal que será máis singular que nunca debido á situación actual da pandemia do covid-19. Polo tanto, dende a Concellaría de Mocidade, propoñemos para este Nadal, ademais de teatro e circo, unha serie de obradoiros en colaboración cos centros de ocio infantil do noso concello: Con Sentidiño, Chiquitrén e Dubidú, que neste momento están sufrindo graves limitacións e que os converte nun dos sectores máis prexudicados desde o comezo da crise. Polo tanto, á hora de facer e de organizar as actividades, imos facelo en estreita colaboración con eles tamén para axudalos e para apoialos nestes momentos difíciles.”

A edil ribadense explicou que “a actividade consistirá en oito obradoiros, dirixidos a nenos e a nenas a partir de 4 anos, que se van facer en grupos de dez, respectando as medidas de seguridade ou adaptándoos nese momento ás directrices que dea Sanidade. Haberá un horario pola mañá, de once a doce e media, e pola tarde, de cinco a seis e media.”

Álvarez Lastra salientou que “os obradoiros van ser totalmente gratuítos e desenvolveranse ao longo de todo o Nadal, entre o 19 de decembro e o 5 de xaneiro. Hai obradoiros de cociña navideña, o calcetín de Papá Noel, experimentamos coa neve, facemos instrumentos para as panxoliñas, boneco de neve, a visita do Apalpador e adornos navideños.”

A concelleira de Mocidade engadiu que “o prazo de inscrición comeza o día 9 e estará aberto ata o 18 de decembro. Así que todas aquelas persoas interesadas, que desexen participar nestes obradoiros, que se van desenvolver nos centros de ocio do noso concello, poden facelo presencialmente na Oficina de Información Xuvenil, na Casa da Xuventude, ou enviando a solicitude, debidamente cumprimentada e asinada a omix@ribadeo.org ou incluso nos propios centros de ocio, van ter alí tamén unhas follas para que a xente se poida anotar”.

A edil insistiu en que “son totalmente gratuítos, pero é necesario e preceptivo a correspondente inscrición, e os nenos terán acceso a eles por orde de anotación.”


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1762478351593