Teatro cómico este venres en Xermade para todos os públicos
O programa Dinamiz-ARTj, promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (Ciuden), leva a Xermade a representación Tolemias dun tolo baixiño, a cargo de Moskis.
Teatro cómico en forma de monólogo onde se contará a vida dun tolo baixiño, desde os seus estudos nun colexio de curas ata o paso pola mili e a súa procura de traballo, cun número de ventriluoquia e onde a través dela e coa participación do público montarase unha pequena representación en ton de comedia, unha proposta totalmente familiar con toques dramáticos onde se reflexionará sobre a vida e os milagres.
Esta obra está dirixida a público familiar con entrada libre e gratuíta. Terá lugar o venres 31 de xaneiro na biblioteca municipal de Xermade.