Teatro contra a violencia de xénero en Vilalba
TerraChaXa
Vilalba ofrece ese domingo unha nova actividade dentro do programa de actos para o conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero
12 Nov 2022
O Concello de Vilalba ofrece este domingo unha nova actividade dentro do programa de actos para o conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero do próximo 25 de novembro.
O Auditorio Municipal acolle a partir das 19:00 horas a obra de teatro As que limpan. A coprodución de A Panadaría e o Centro Dramático Nacional fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos fronte a avaricia dos propietarios das cadeas hoteleiras. Neste espectáculo fanse preguntas como se é posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero, se existe un turismo sostible ou quen limpa a casa da limpadora. A entrada é de balde.