Teatro contra a violencia de xénero na biblioteca de Xermade

TerraChaXa
O Programa Ler Conta Moito volve á biblioteca de Xermade coa obra A caixa sen Pandora da compañía Teatro Ghazafelhos de Ferrol.
a caixa sen pandora xermade portada
16 Oct 2021

O Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, Educación e Universidade continúa na biblioteca de Xermade coa representación de A caixa sen Pandora, da compañía Teatro Ghazafelhos de Ferrol. Será o 22 de outubro, ás 18 h.

A caixa sen Pandora está protagonizada por Montse Piñón e Pepablo Patinho e relaciona a lenda de Pandora coa loita pola igualdade das mulleres. Trátase dun repaso divertido das distintas mulleres universais en xeral, e Galegas en concreto, que decidiron romper coa norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando un movemento imparable pola igualdade.

Vai dirixida ao público infantil, a partir de 5 anos.

A cabida é limitada polo que haberá que realizar inscrición previa na biblioteca, no enderezo electrónico, xermade.rbgalicia@eidolocal.es ou no teléfono 982 501 055.

a caixa sen pandora xermade

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19544887542725