Teatro da Ramboia recibe o primeiro premio do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

TerraChaXa
O Teatro Rosalía da Coruña serviu de escenario para a entrega do premio correspondente ao Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración de 23 concellos e 3 deputacións, en concreto: A Coruña, Ames, Barbadás, Betanzos, Brión, Cambados, Cambre, Cangas, Carballo, Carral, Cedeira, Culleredo, Malpica, Monforte, Muros, Neda, Oleiros, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Verín, Vimianzo e as Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra.
LRM_EXPORT_11450715551829_20181128_151817043
29 Nov 2018

O Teatro Rosalía da Coruña serviu de escenario para a entrega do premio correspondente ao Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración de 23 concellos e 3 deputacións, en concreto: A Coruña, Ames, Barbadás, Betanzos, Brión, Cambados, Cambre, Cangas, Carballo, Carral, Cedeira, Culleredo, Malpica, Monforte, Muros, Neda, Oleiros, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Verín, Vimianzo e as Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra.

Nesta 1ª edición, o xurado estimou que o mellor proxecto foi o presentado por Teatro da Ramboia realizado sobre o texto de Manuel María O meu mundo non é deste reino ou Farsa de Bululú, unha parodia sobre a dictadura franquista. O xurado destacou entre os valores da obra gañadora o amplo abano de público ao que se dirixe; a diversidade de espazos e ambientes nos que pode ser escenificado e a probada calidade artística do elenco que se propón, tanto na área do teatro actoral como na de monicreques, así como a súa coherencia co universo dramático de Manuel María e, en concreto, coa obra escollida.

Este certame está destinado ás compañías profesionais galegas e premia a mellor proposta escénica dunha obra de Manuel María, co compromiso por parte da compañía gañadora de levalo a cabo no prazo de 10 meses. Por tanto, o proxecto estrearase en setembro de 2019. Iso supón que o certame teña carácter bienal de xeito que nunha anualidade se presentan os proxectos e na seguinte se realice a proposta gañadora.

En canto ao premio outorgado adóptase unha fórmula orixinal en canto que substancialmente non se premia con diñeiro, senón con representacións que, ao fin, é o que máis desexa unha compañía profesional: chegar ao público. Así, desde a Fundación faise unha achega económica modesta, 2.000 euros, e os concellos e deputacións adheridas comprométense a que a obra gañadora se inclúa na súa programación teatral. O resultado é, nesta edición, que a obra premiada xa parte co importante número de 26 representacións.

O Xurado estivo integrado por Manuel Lourenzo Pérez (actor, dramaturgo, director teatral, tradutor, profesor de interpretación. Premio Nacional de Literatura Dramática en 1997), Belén Pichel (produtora teatral e presidenta de Escena Galega), Quico” Cadaval (aAtor, director e adaptador teatral) e Alberte Ansede (secretario da Fundación Manuel María, que actúa con voz mais sen voto).


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17891407012939