Teatro de comedia este sábado en Reigosa
TerraChaXa
Con entrada de balde
13 sep 2024
O grupo teatral O Centiño porá en escea este sábado, 14 de setembro, a obra A morte morrida, unha comedia para todos os públicos.
A actuación está organizada pola Asociación de Veciños de Reigosa con entrada de balde.
Crispín vén de xubilarse no banco e, ao non ter nada que facer, deprímese. A súa muller, Benilde, ten que soportar o seu desánimo. Debido a isto, Crispín pensa que vai morrer e organiza o seu enterro e ninguén pode convencelo do contrario.