Teatro e artesanía en marcha coa xunta local da AECC de Guitiriz
A Xunta Local de Guitiriz da AECC inicia este outono novas actividades relacionadas co teatro, a artesanía e a colaboración coa xunta provincial.
De feito, este domingo 22 de outubro participarán na venda de prantas na muralla nunha actividade programada pola xunta provincial.
O vindeiro luns 23 de outubro comeza o habitual taller de teatro que se desenvolverá os luns entre as catro e media e as seis e media da tarde na Escola Habanera, mentres que o xoves, dende o 2 de novembro ata o 28 de decembro, tamén no mesmo horario, se desenvolverá na aula multiusos do telecentro un taller de artesanía.
Ademais, xa teñen á venda Lotería de Nadala o prezo de 6 euros cada participación; así coma outros artigos: paraugas, pulseiras, gafas, augas,...
As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades poden anotarse na recepción do Concello de Guitiriz ou chamando ao teléfono 618 70 90 85.