Teatro e cine este mes na programación cultural de Burela

TerraChaXa | AMariñaXa
3 Abr 2019

O Concello de Burela inclúe varias representacións teatrais e unha proxección de cine infantil na súa programación cultural para este mes de abril.
O venres, día 5, a compañía Volta e Dalle presentará Falar por falar. Será a partir das 21:00 horas e o prezo da entrada será de 4 euros.
O 12 de abril a compañía MalaSombra Producións porá en escena a obra O caso é ter saúde. A representación dará comezo ás 21:00 horas e o prezo da entrada será de 4 euros.
O 21 deste mes continuará o ciclo Burela de Cine cunha película infantil a partires das 18:30 horas.
E o 27 de abril rematará a programación cultural deste mes coa obra teatral Saaabor que presentará a compañía Cultura Activa. Será ás 18:00 horas e o prezo da entrada será de 2´50 euros.
O Concello de Burela organiza estas actividades coa colaboración da Xunta de Galicia, Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios. A programación desenvolverase na Casa da Cultura.
A axenda cultural do Concello burelés completarase cos actos da Semana Santa que se desenvolverán dos días 14 ao 21 de abril.

0.20648789405823