Teatro infantil e entrega de premios este mércores na biblioteca de Xermade
A biblioteca de Xermade acolle este mércores, 22 de xuño, unha nova actividade dentro do programa Ler conta Moito. Trátase do espectáculo Procúra.se Pepa a Loba, un contacontos interactivo onde a danza e a música se funden coa natureza, poñendo en valor a a amizade e a perspectiva de xénero.
A representación da obra, a cargo de Cristina Collazo, terá lugar a partir das 19.00 horas na propia biblioteca.
Está dirixida a público infantil de entre 5 e 12 anos. Ano 1890. Inauguración da taberna de Pepa a Loba. A súa gavela ó completo: Xan Quinto o vello, Maninocente e Calamity Jane celebran este día tan esperado, mais… un cobizado tesouro se agocha moi perto e so ela sabe o segredo.
Unha vez finalizado a actuación farase entrega dos premios do Certame Letras Galegas 2022.