Tegastacín informou ao persoal sobre o incio das consultas para o ERE
A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou que a empresa Tegestacín comunicou á representación legal do persoal o inicio de período de consultas para a extinción da totalidade das relacións laborais da factoría de Outeiro de Rei.
A noticia foi trasladada en asemblea ó persoal polo comité, "sendo o particular e‘macabro agasallo de Nadal da empresa ó seu persoal, por diante fican datas intensas nas cales haberá que avaliar o contido e xustificacións realizadas pola empresa" din dende a CIG.
Dende o comité e o persoal, amosouse a preocupación máxima diante desta situación pero tamén a incertidume polo futuro que a empresa terá para as instalacións.
O comité diante da inminente noticia ten solicitado diversas reunións coa administración galega na intención de que sexa parte interesada polo futuro das instalacións desta industria e na conservación dos postos de traballo.
Dende a CIG manifestamos "o noso total rexeite da actuación empresarial, quen ven orquestando o seu particular desenlace nunha clara operación especulativa, sen solución de futuro para o persoal nen para as instalacións da empresa, dende a CIG entendemos que calquer futuro para as instalacións, necesariamente ten que ter cabida o seu persoal".