Teixido presenta a candidatura popular que conta con persoas das distintas parroquias que xa traballan por Guitiriz
O alcaldable popular de Guitiriz, Xosé María Teixido, presentou a candidatura completa coa que concorre ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio. Foi nun acto no que participaron José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro onde o candidato do PP á alcaldía trasladou “o máximo agradecemento polo seu esforzo” a tódolos membros da candidatura que “se teñen integrado no proxecto popular para o noso Concello”.
A candidatura popular é paritaria, xa que conta con 8 homes e 8 mulleres; e alcanza un 56% de renovación ao integrar a un total de 9 novos nomes dun total de 16 veciños e veciñas. Teixido explica que o acompañan “persoas procedentes das distintas parroquias do municipio e relacionadas con diversos sectores” que “representan á sociedade guitiricense”.
Comezan a súa andadura na política municipal da man do Partido Popular: Ángel Seoane –de Pígara-, Gonzalo Rivas -do Buriz-, María José González -dos Vilares-, Francisco Juan Pérez –da parroquia de San Xoán Guitiriz-, Manuel Amil –de Santa Cruz-, Mónica Cruz – de Becín-, Alzira Trinidade de Almeira –de Labrada- e María del Pilar Pérez –tamén da parroquia de Guitiriz-. A candidatura popular tamén conta cos actuais concelleiros Francisco Penas –de Parga-, María Manuela Carballeira –de Guitiriz- e Mónica Vázquez –de Mariz-; ademais de Alicia Vázquez –representando á parroquia de Pedrafita-, Jesús Iglesia –de Santa Mariña-, Noelia Torres – de Sambreixo- e Antón Núñez –do núcleo urbano de Guitiriz-.
Teixido avanzou que “estamos a traballar de forma seria e centrados en Guitiriz”, igual que nos últimos anos tanto dende o Goberno municipal coma dende a oposición.
Recentemente, os populares iniciaron unha serie de reunións polas distintas parroquias do municipio para escoitar aos veciños e veciñas e ter en conta as súas propostas no vindeiro mandato. As reunións, que contan coa asistencia dos candidatos de cada zona, deron comezo o 1 de maio en San Salvador; pero xa chegaron tamén á parroquia de Trasparga para escoitar aos seus veciños e veciñas e tamén aos de Roca. Despois do vindeiro luns 6 na parroquia das Negradas –onde tamén recibirán aos veciños e veciñas de Vilar- continuarán ata o vindeiro día 17 ata concluír as xuntanzas cos veciños e veciñas de tódalas parroquias de Guitiriz.
Teixido explica que “as reunións cos guitiricenses serven tamén para trasladarlles a situación da política municipal e os apoios que recibe o Concello por parte da Xunta de Feijóo para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outros servizos, ademais das axudas que reciben os agricultores e gandeiros directamente”. O popular engade que “o Goberno local do PSOE está a recibir importantes investimentos da Xunta que, cunha boa xestión municipal, darían outros resultados. Igualmente, incide Teixido en que “o Concello recibe máis achegas da Deputación que durante o mandato popular no municipio porque nos últimos catro anos, co Goberno en minoría do PSOE na Deputación, o Grupo Provincial Popular contribuíu á implantación dun reparto de fondos para os Concellos seguindo criterios obxectivos”.
Candidatura
- Xosé María Teixido Núñez
- Ángel Seoane Lamela
- Francisco José Penas Pardo
- María Manuela Carballeira García
- Mónica Vázquez Lago
- Gonzalo Rivas Pena
- María José González Roca
- Francisco Juan Pérez Hermida
- Alicia Ventosinos Vázquez
- Manuel Amil Carreira
- Mónica Cruz López
- Alzira da Conceiçao Trinidade de Almeida
- Jesús Iglesia Bergantiños
Suplentes
María del Pilar Pérez Caso
Noelia Torres Caamaño
Antón Núñez Teixido