Teixido salienta as achegas da Xunta destinadas a Guitiriz no último ano
O presidente e voceiro do Grupo Municipal Popular de Guitiriz, Xosé María Teixido, quixo poñer en valor os preto de 5 millóns de euros que a Xunta destinou ao municipio no último ano.
“Estamos a falar dunhas achegas que teñen contribuído a impulsar diversas obras e servizos na localidade e ás que aínda resta por incluír o custe do mantemento dos principais servizos públicos locais, que corren a cargo da Xunta, como é o caso dos centros educativos ou centro de saúde, e que elevan o investimento moito por riba desa cifra”-explicou.
Teixido salientou especialmente as achegas autonómicas dirixidas ao sostemento do servizos de axuda no fogar e, nese senso, explicou que no 2019 a Xunta destinou máis de 335.000 euros á garantir a atención e coidado dos veciños en situación de dependencia que fan uso do servizo.
Outra das achegas máis relevantes pola súa contía é a correspondente ao Fondo de Cooperación Local. Cada ano a Xunta destina a Guitiriz un total de 306.000 euros que despois o Concello pode gastar con liberdade naquelas obras e servizos que estime máis acaídos.
Tamén pola súa contía son relevante sos investimentos do Goberno Feijóo en apoio dos profesionais do medio rural que superaron os 3 millóns de euros, e aquí se inclúen distintas liñas de axuda como os plans de mellora, novas incorporacións, pequenas explotacións ou as axudas directas ao sector da agricultura e gandaría.
Tamén financiose cunha achega de 77.4000 euros a mellora nos servizos de abastecemento de auga e residuos sólidos urbanos, con máis de 47.000 o apoio á rehabilitación de vivendas de promoción pública e achegou máis de 400.000 euros a apoiar diversos proxectos de particulares a través da Axencia Galega da Industria Forestal.