Terra Chá Sostible denuncia curtas e rozas nos humedais de Begonte

TerraChaXa
A asociación para a defensa do medio ambiente Terra Chá Sostible denuncia que se realizaron actuacións de curtas e rozas en grandes superficies de hábitats prioritarios en varios humidais de Begonte sen ningún tipo de control.
83686678_2449509538711486_8214156113587732480_o
8 Feb 2020

A asociación para a defensa do medio ambiente Terra Chá Sostible denuncia que se realizaron actuacións de curtas e rozas en grandes superficies de hábitats prioritarios en varios humidais de Begonte sen ningún tipo de control.

Concretamente, refírense a humidais da Lagoa de Fontefría e as Lagoas do Chao, ambas nas dúas no Concello de Begonte, que sufriron graves danos debido a desbroces. Estes humidais forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño e figuran no Inventario dos Humidais de Galicia. A maior parte da área de ambas as zonas húmidas atópase dentro da Zona-1 da ZEC Parga-Ladra-Támoga (a de maior protección), e en consecuencia forma parte da Zona Núcleo da Reserva de Biosfera, mentres que o resto da superficie do humidal está contemplado, dados os seus valores ecolóxicos, na proposta de ampliación da Rede Natura 2000, promovida pola Xunta de Galicia. A xestión destas zonas húmidas está determinada pola lexislación europea, estatal e galega.

Segundo explican dende esta asociación, as Lagoas do Chao foron obxecto de rozas mecanizadas desde o ano 2014, "que provocaron a destrución de gran parte do arborado integrado dentro do hábitat prioritario, así como unha importante superficie de queirogais húmidos, hábitat tamén considerado como prioritario. A actuación non tivo máis xustificación que levar a cabo unha serie de actuacións para favorecer a actividade cinexética no humidal, financiadas con fondos europeos. Estas actuacións supoñen un total incumprimento dos obxectivos de conservación contemplados na normativa europea, estatal e autonómica, así como do propio plan de xestión da ZEC".

Sobre a Lagoa de Fontefría sin que se realizou no ano 2019 un desbroce mecanizado que afectou a unha gran extensión no hábitat, tanto dentro do límite da Rede Natura 2000, como fóra de este. "Nas ortofotografías aéreas do servidor a Xunta de Galicia, apréciase que este tipo de actuación, considerada como non permitida no Plan Director da Rede Natura 2000, dado o seu efecto negativo sobre o hábitat, realizouse en anos anteriores, afectando igualmente a unha gran superficie do humidal", subliñan.

Detectaron tamén a presenza de numerosos cartuchos de escopeta con restos de chumbo, "polo que sabemos que se esta a producir caza , actividade prohibida nos humidais protexidos".

"As actuacións de cortas e rozas sobre grandes superficies de hábitats prioritarios, constitúen un ataque moi grave sobre o equilibro ecolóxico destes humidais, afectando en consecuencia de forma negativa ao estado de conservación dos seus hábitats e das especies protexidas de flora e fauna. Estas actuacións que van en contra as normativas aprobadas tanto pola Unión Europea, o Estado Español e a Comunidade Autónoma de Galicia, así como as recollidas no propio plan de xestión da ZEC Parga-Ladra-Támoga", reclacan.

Solicitan por tanto que se ponsa fin "ao descontrol que reina no rural galego e dar cos responsables e que paguen as consecuencias". .

A relevancia destes humidais queda referendada tanto nos datos oficiais dos visores da Xunta de Galicia, así como en distintas publicacións científicas e nos paneis informativos emprazados no humidal de Lagoas do Chao.

Na zona hai de especies protexidas, destacando a presenza do endemismo atlántico Eryngium viviparum, considerada en perigo de extinción e outras especies protexidas vexetais e animais pola normativa autonómica.

84053136_2449509595378147_4529470697885401088_o
0.13577198982239