Testemuñas da pandemia: Hijos de Ramón Rubal

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
18 Maio 2020

A empresa madereira Hijos de Ramón Rubal tamén notaron “unha caída en picado da venda de tabla a nivel nacional e un pouco menos a nivel internacional, e unha nula oferta para compra de madeira en pé durante a primeira semana (motivado porque os propietarios non podían salir da casa para ensinarnos as fincas)”, di o encargado. Vendo que esta situación se prolongaba, decidiron dar a opción de que “tan so indicándonos vía telefónica o polígono e a parcela das fincas que querían vender, nos encargábamonos do resto”.

En canto ás perdas “dende o comezo do estado de alarma, deixamos de facturar arredor do 50% do que viñamos facturando, algo que non se vai recuperar”.

Ademais intentaron por todos os medios salvar a a situación sen facer ningún Erte polo de agora e tampouco se viron na necesidade de solicitar ningún tipo de axuda.

No caso do traballo internacional notaron tamén o baixón da venda, “pero non houbo un parón tan brutal coma no mercado nacional”. De feito, gran parte do que seguen traballando durante o estado de alarma foi para exportación.

A súa empresa, vinculada directamente con un dos sectores esenciais, non sufriu de cheo a suspensión total de actividade. “Se non se prorroga o estado de alarma máis alá do previsto, contamos con ir recuperando pouco a pouco o volume de actividade”, di.

Tamén valoran a situación de crise e din que “vai quedar moi dañada a economía e vai vir unha crise que vai afectar a todos os sectores, acompañado dun cambio na forma de vida”.

0.07857084274292