Testemuñas da pandemia: Hotel Isla Nova

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
22 Apr 2020

No Hotel Isla Nova de Foz a suspensión da actividade afectou moi seriamente, xa que durante a Semana Santa é habitual ter moitas reservas polo que supuxo unha importante perda económica. “Foi un golpe a anulación de reservas cara o verán, debido a que non se sabe o que pasará, e no día a día tamén estamos en parón total ao estar pechados”.

Trala perda da Semana Santa tamén está a anulación dunha reserva de 12 personas estranxeiras para finais de abril.

No hotel tiveron que facer un Erte para non ter que despedir a ninguén, “aguantaremos, xa que somos unha empresa familiar”, din. Dentro das medidas para axudar ao sector están estudando as mellores opcións.

“A situación de crise pode ter consecuencias graves, pero confiamos que esto amaine e poder retomar a actividade a finais de maio”.

“Desexámoslle moita sorte a todo o mundo sanitario e ás personas que cuidan de nós, así como as autoridades dos distintos Gobernos, xa que con todos unidos esto terá fin”.

0.13503217697144