Testemuñas da pandemia: José Cuba, loitador

TerraChaXa
Para os deportistas de alto rendemento o estado de alarma e a posterior corentena significou un gran cambio na súa rutina de adestramentos.
Captura de pantalla 2020 04 30 a las 19.58.07
16 Maio 2020

Para os deportistas de alto rendemento o estado de alarma e a posterior corentena significou un gran cambio na súa rutina de adestramentos.

Un exemplo de cambio foi o que viviu o loitador vilalbés José Cuba, que segundo el mesmo explicou, trasladou os seus adestramentos á casa.

Tras tantos anos como deportista, xa contaba con material para adestar pero xa antes de que se decretara o estado de alarma o propio club tiña acordado recluírse na casa durante dúas semanas para evitar contaxios polo que xa contaba co material que lles subministrara o club.

Así que a súa rutina dividiuse en dúas xornadas de adestramentos, un pola mañá con adestramento libre e outra pola tarde a través de videoconferencia co seu adestrador.

Para Cuba non significou unha perda importante "xa que estamos todos igual". Explica que a maioría dos deportistas de loita de todo o mundo están facendo os adestramentos na casa xa que todos os centros de tecnificación están pechados.

Para continuar agora no tempo de desescalada, aínda que Cuba xa pode saír a adestrar unha hora todos os días como os demais, está á espera de que se abran de novo as instalacións municipais, por acordo do Concello vilalbés, xa que é onde eles adestran a diario.

Ademais, Cuba conta coa vantaxe de que ao final decidiron aprazar un ano os xogos olímpicos de Xapón polo que "terei tempo para recuperar o tempo ata que teñamos a próxima competición importante que está prevista para finais de ano".

Cuba aínda ten pendente a clasificación para Xapón, e queda oportunidades para lograrlo.

 

0.24078297615051