Testemuñas da pandemia: Novalux

TerraChaXa
A Óptica e Centro Auditivo Novalux de Vilalba e As Pontes están considerados polo Goberno como un servizo esencial, polo que o primeiro que se lles plantexou era si seguir abertos ou non.
novaluxoptica
28 Abr 2020

A Óptica e Centro Auditivo Novalux de Vilalba e As Pontes están considerados polo Goberno como un servizo esencial, polo que o primeiro que se lles plantexou era si seguir abertos ou non.

“Non eran momentos para pensar no mellor para a empresa, así que con moito esforzo decidimos quedar só en servizo de urxencias, por responsabilidade ante esta situación e do noso persoal. Era fundamental minimizar o tránsito de xente o máximo posible para evitar a propagación do virus”.

Indudablemente, valoran que as perdas despois de tomar esta medida son prácticamente do 100%. “Con toda a campaña de verán mercada, as facturas amontóandose durante estos meses e sumado que non asumimos un cese de actividade legal para poder seguir garantindo cobertura de urxencia aos nosos clientes, non temos a certeza de poder acollernos ás axudas que o Goberno está prestando”.

A día de hoxe, a súa máxima preocupación e compromiso é seguir garantindo os postos de  traballo de todo o seu persoal. Apostan por xente do pobo e esperan que tanto As Pontes coma Vilalba poidan saír desta situación o máis airosas posibles.

“Entre todos e con respondabilidade cara as nosas vilas, o comercio local cobra máis importancia que nunca.

0.19046497344971