The Rapants actuará o 24 de xullo no Festival da Fraga

O vindeiro 24 de xullo de 2025, a contorna natural da Fraga converterase nun escenario vibrante coa chegada dunha das bandas máis destacadas do panorama musical galego: The Rapants. O grupo presentará en directo o seu último traballo, La máquina del buen rollo, no marco do Festival A Fraga, unha proposta de balde que promete facer bailar sen prexuízos a todo o público asistente.
O festival comezará ás 22:30 e contará tamén coas actuacións do grupo local Nimbos, os composteláns Aliá e a vilagarciá Señora DJ, completando unha xornada musical diversa na que o galego adquire todo o protagonismo como lingua viva e creativa sobre o escenario.
The Rapants, nacidos en Muros e consolidados como un dos grandes nomes da escena indie-pop galega, chegan á Fraga tras pasar por festivais como O Son do Camiño, SonRías Baixas ou Caudal Fest. Co seu novo disco La máquina del buen rollo —”nove cancións tristes para corazóns de after”, con influencias disco, rock e hip hop— están a revolucionar os escenarios con directos cheos de enerxía, ironía e conexión co público.
A presenza de The Rapants na Fraga, xunto a a Nimbos, Ailá e Señora DJ representa unha clara aposta pola música en galego feita en Galicia, por artistas que falan e cantan desde aquí para o mundo. Queremos que a Fraga sexa un espazo de encontro coa nosa cultura, accesible, inclusivo e de calidade”, sinala a concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro.