Tiam Gz actúa este sábado en Vilalba no programa Emprazadas

TerraChaXa
As áreas de Cultura, Promoción da Lingua e Mobilidade unen forzas na segunda actividade da tempada de verán de Emprazadas: A iniciativa municipal para pór en valor a Praza de Santa María que este sábado día 6 de xullo, ás 22:30 horas, traerá a Vilalba o xenuíno rap galego de TIAM Gz.
emprazadas-team-gz
Tiam Gz, en concerto en Vilalba
5 Xul 2024

As áreas de Cultura, Promoción da Lingua e Mobilidade unen forzas na segunda actividade da tempada de verán de Emprazadas: A iniciativa municipal para pór en valor a Praza de Santa María que este sábado día 6 de xullo, ás 22:30 horas, traerá a Vilalba o xenuíno rap galego de TIAM Gz.

Emerxente grupo que combina nos seus temas compromiso e festa. A súa música leva ao público dende as cancións e letras máis reivindicativas ata as sonoridades máis bailables.

A mestura de diferentes estilos como hip-hop, pop, acústica, trap, etc.. Incluso teñen a súa propia versión da Muiñeira de Chantada: a Muinheira-rap e se atreven cun reggaetón galego en toda regra.

Con motivo desta segunda actividade cultural da tempada de verán da iniciativa Emprazadas, a praza estará pechada ao tráfico das 22:00 a 00:30 horas deste sábado 6 de xullo.

Recordamos que a fase piloto do Plan Municipal de posta en valor da Praza de Santa María segue vixente coa limitación do estacionamento en toda a praza as fins de semana/festivos e que, durante o concerto e coma sempre no marco desta fase piloto, permitirase o paso de vehículos, o lóxico acceso aos garaxes e, por suposto, estacionar na praza reservada para Persoas con Mobilidade Reducida (PMR).

0.097273826599121