Tiro con Arco e BTT, esta fin de semana co Actívate

TerraChaXa | LugoXa
A proposta de turismo activo e aventura que impulsa a Deputación de Lugo ata o mes de xullo chega esta fin de semana á Fonsagrada e Guitiriz
presentacion activate deputacion
13 May 2022

Nova fin de semana de turismo activo e aventura coa Deputación. E que esta semana é xa a terceira do programa Actívate, que chega agora á Fonsagrada e Guitiriz.

Este sábado o concello da montaña terá unha actividade de tiro con arco para 15 persoas; mentres que en Guitiriz, os inscritos poderán percorrer en bicicleta de montaña (BTT) a ruta da Cova da Serpe.

Os apuntados poderán coñecer unha ruta nun dos enclaves xeolóxicos máis importantes da comunidade, con sendeiros cheos de elementos naturais para rematar nun impresionante miradoiro. Para a actividade do domingo de tiro con arco na Fonsagrada quedan aínda dúas prazas e poden participar persoas, a partir dos 8 anos, que queiran iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades nas modalidades de tiro olímpico e tradicional.

Son propostas gratuítas, para todos os públicos, co obxectivo de apoiar ao sector da hostalaría, o turismo e o comercio, ao tempo que se avanza nun modelo de turismo de calidade e sostible.

As persoas interesadas en participar a vindeira fin de semana nunha actividade de iniciación á equitación, en Taboada, ou de orientación, en Navia de Suarna, poderán inscribirse desde hoxe, venres, na web http://inscricions.deputacionlugo.org Para máis información, poden enviar un correo electrónico a activate@deputacionlugo.org ou chamar ao teléfono 982.26.02.35.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.066817045211792