Todas as prazas esgotadas para o proxecto XSCAPE do INCIPIT‑CSIC en Guitiriz

O concello de Guitiriz informou que xa están cubertas todas as prazas para participar no proxecto XSCAPE, unha iniciativa promovida polo INCIPIT-CSIC e dirixida ao estudo da relación entre o patrimonio cultural e a mente humana. A actividade celebrarase este sábado, día 15 de novembro, na Escola Habanera na Biblioteca Municipal de Guitiriz, en horario de 17.00 a 20.00 horas.
Durante o obradoiro, os participantes inscritos realizarán unha práctica de recreación dunha peza de cerámica prehistórica e un exercicio de observación mediante tecnoloxías de seguimento visual (eye-tracking) para analizar como os obxectos culturais, de usos tan diversos como os tradicionais ou os máis actuais, afectan á atención e ao procesamento da información visual.
Dado que as prazas (limitadas a 15) están esgotadas, as inscricións recibidas a partir deste momento incorporaranse á lista de reservas. Para máis información as persoas interesadas poden contactar coa biblioteca municipal ao correo biblioteca@concellodeguitiriz.com ou ao teléfono 982 37 00 62.